En este momento estás viendo SER GALEGO É…

SER GALEGO É…

O noso proxecto nace dunha historia de amor, de amor pola terra.

Somos cultura… Nacemos e medramos en Galicia, pobo de costumes e xentes humildes que defenden a tradición sen  máis motivación que a manter en pé o noso patrimonio cultural.

Sabemos de mar, da terra, de arte… de  mariñeiros e  labregos, de artesáns e cantigas a carón do lume…sabemos  da loita diaria que comeza cando o día aínda é noite para traballar arreo sen máis axuda  que a dunhas súas mans  curtidas nos labores cotiás…

 O resultado: peixes que saben a mar, hortas verdes , ar puro…Enfrontamos barreiras con creatividade e enxeño . Talento a esgalla, homes e mulleres que fan da pedra, lenzos, madeira ou barro un arte.

Produto, Calidade e  Saber Facer…Orgullo galego.

AR DE ARTE é:

Dun xeito sinxelo, “Ar de Arte” procura  sumar a riqueza do talento de Galicia e eses alimentos tan nosos que se distinguen pola súa calidade. 

A nosa proposta, en resumidas contas, vén a ser a colaboración con artistas galegos para deseñar orixinais presentacións que fan dos produtos  Ar de Arte, algo novidoso e tradicional …deixando que sexa  Galicia quen leve o temón.