Sabor, artesanía e talento en produtos tradicionais galegos

Namórate de AR DE ARTE, alimentos únicos polo seu sabor e creatividade.

¿Bailas con AR DE ARTE?

En AR DE ARTE gústanos bailar… “Diante, detrás, punta, tacón, xuntos”

Como nun baile, todo comezou cun primeiro paso: Crear unha marca envolvendo a riqueza e variedade de alimentos que Galicia nos dá con deseños feitos por artistas galegos.

DIANTE … Así arrincamos e así nos vemos, con ganas, coa vista posta en facer as cousas dun xeito diferente. Compartindo o amor pola nosa terra, pero coa vista posta no futuro, en seguir poñendo en valor o talento, a creatividade e a innovación.
DETRÁS… Sempre mirando ó pasado, aprendendo das tradicións galegas. Por iso buscamos traballar con pequenos produtores, que cuidan ó detalle os procesos e o traballo artesanal.
XUNTOS… Unimos pasado e futuro nun presente vivo do que nos poidamos sentir orgullosos. Medrando…sumando en cada etapa máis talento galego, sen deixar de contar coas ensinanzas de xeracións pasadas.

AR DE ARTE é...

TRADICIÓN. Alimentos típicos de Galicia elaborados de xeito artesanal, porque só un galego pode tratalos seguindo as nosas tradicións.
CALIDADE. Tratamos con produtores pequenos e cercanos que miman o proceso de elaboración. Esta dedicación tradúcese en calidade.
ARTE. Talentos galegos que envolven con orixinalidade e exclusividade os produtos AR DE ARTE…porque a tradición non discute co deseño.

Namórate de Galicia​

E lévaa non só no teu corazón. Contacta e informámoste de como facerte cos produtos AR DE ARTE.

Proximamente novos alimentos, deseños e talentos galegos!

Cerrar menú
×
×

Carrito