Primeira das etapas galegas, etapa de lendas e néboas, de soutos e castañas…
O ourizo serve de contexto á ilustraciòn, que recolle un cáliz románico conservado no Cebreiro e que a tradición asocia ò Santo Graal artúrico , que escondido entre nubes e brétemas, aparece tamén no Códice Calixtino.
O milagre eucarístico que o Códice conta percorreu a Europa medieval, conseguiu atraer o interese dos Reis Católicos e non só acabou representado no escudo de Galicia, senon tamén inspirando a famosa ópera de Wagner, Parsifal.