AMIZADES…

AMIZADES…

As fotos de Senén Insua amosan unha noite para o recordo con Stoupa como escenario idóneo.

Co gallo da presentación da nova edición de conservas Ar de Arte, froito da colaboración co artista muradán Fernando Rei, vivimos reencontros, agradables sorpresas en forma de aparicións inesperadas ou mesmo se albiscaron emocionantes proxectos futuros.

De fondo, a beleza dos trazos de Fernando, a frescura que se respiraba na obra das sardiñas e a textura perfecta na cuncha de mexillón, feita por un só movemento de man do artista. Só unha persoa que respira mar é capaz de levar esto a lenzos que emanan vida.

Empratado con mimo, xoubiñas prateadas e tersas e apetitosos mexillóns en tamaño, textura e sabor. Ambas conservas, acompañadas da nosa cervexa Chimán, un éxito.

Cerrar menú
×
×

Carrito