CHIMÁN

Cervexa estilo Bière de Garde de 5,7% de alcol e cor cobriza transparente.

Está feita a base de maltas Special B, Munich e Pilsner, empregando o lúpulo Magnum para a súa elaboración.

Por suposto, está elaborada en Galicia e é unha cervexa moi agradable en boca, de trago longo e con matices que recordan a pan, galleta e caramelo.

En canto á ilustración do etiquetado, é un deseño exclusivo para Ar de Arte da ilustradora coruñesa que crea baixo a firma de “Axóuxeres e chisqueiros”.

A ilustración procura recrear a historia do nome da cervexa, “Chimán”, expresión empregada nas épocas dos baleeiros galegos ó albiscar un exemplar de balea de gran tamaño

O detalle

Acompañando á nosa cervexa Chimán, presentamos unhas baleas cerámicas feitas a man por Eloi Mancebo (taller Feituras), mestre oleiro da reputada Olería de Buño.

Algúns documentos sitúan os inicios da tradición oleira nesta vila da Costa da Morte arredor do século XVII, manténdose representada a día de hoxe por decenas de artesáns, que dan personalidade a cada unha das súas pezas elaboradas seguindo métodos tradicionais.

Cerrar menú
×
×

Carrito